Licenciado en ADE e alumno INSEAD Social Entrepreneurship Program, no 2012 fundou a cooperativa Apoio S. Coop. Galega, buscando axudar no desenvolvemento de zonas rurais desfavorecidas.
Dani conta cunha traxectoria profesional de máis de 15 anos como docente, mentor e consultor en Galicia e o Norte de Portugal, formando parte de numerosos programas de apoio á mellora de entidades de Economía Social e doutro tipo de empresas, de axuda ao emprendemento e de apoio na empregabilidade. Así, recentemente ven colaborando con universidades, AA.PP., Fundacións, ONGs, a Escola de Organización Industrial, o Banco Santander, a Rede Eusumo e diferentes asociacións empresariais, entre outras entidades.
A especialidade de Dani é impulsar empresas, entidades e carreiras profesionais a través de procesos de innovación que coloquen no centro ás persoas, de xeito que empatizar con clientes, usuarios, proveedores e colaboradores sexa un paso chave sobre o que debe xirar a transformación desexada.